Ola familias,
dende a Federación de ANPAs de Ensino Publico de Arteixo, FEDART, a cal pertencemos, imos facer unha colaboración co Banco de Alimentos Rias Altas.
O venres 30 de Novembro e o sábado 1 de Decembro estaremos recollendo as donacións dos clientes nos tres grandes supermercados da Avenida Arsenio Iglesias, o lado dos centros escolares en Arteixo.
Queremos cubrir o horario completo do Gadis, Lidl e Eroski, polo que precisaremos moitos voluntarios.
As persoas voluntarias: nais, pais, nenas e nenos, profesorado dos centros de ensino de Arteixo que decidan apuntarse. Todos os participantes asinarán un documento de participación do propio Banco de Alimentos e os menores (poden participar a partir de 8 anos) terán que aportar unha autorización específica das súas persoas titoras. Todos os menores, de calquera idade ate os 16, deberán estar acompañados necesariamente por persoas adultas durante a quenda de recollida.
As quendas de recollida agrupanse en períodos de dúas horas e media, salvo a que ocupa o horario de 15 a 17 hs. No caso de que haxa abundancia de solicitudes de participación ou moita participación de menores, reduciríamos a duración de cada quenda.
As persoas interesadas en participar terán que enviar un correo electrónico cos seus datos de contacto a:
Todos os datos recollidos, a conta de correo electrónico, e calquer outro medio dixital que se poida crear para a xestión serán eliminados o rematar a acción. O Banco de Alimentos conservará segundo a normativa de voluntariado, a documentación acreditativa dos participantes para os fins específicos recollidos na lei.
Aquí vos deixamos o enlace co Banco de Alimentos por se queredes saber como traballan.
!Animádevos a participar¡