martes, 16 de junio de 2020

O noso Banco de Libros.

Ola familias.
O próximo Martes 23, o día que os rapaces teñen que ir a recoller as notas e entregar os libros que lles emprestou o IES é o día  que terán que traer tamén os nosos libros.

Como medida de prevención polo COVID-19, en vez de entrar, serán atendidos pola fiestra do local da ANPA, que da a verxa da entrada. Terán que vir con mascarilla e se precisan algún impreso ou un empréstito de verán, procuraremos facelo todo nese intre. 

Tedes os impresos de solicitude de libros para o curso que ven na sección FORMULARIOS deste blog. Se podedes imprimilo e enviárnoslo cuberto en formato PDF o correo eletrónico da ANPA mellor, pero en caso contrario, sempre temos os impresos en papel no taboleiro da ANPA, fronte a conserxería do IES. Encher o formulario e introducilo no buzón sito o lado e en Setembro farase o reparto, coma sempre priorizando os socios.

Lembrade que o noso banco de libros se nutre das doazóns. Se tedes libros de texto na casa que xa non ides a utilizar,  traédenoslos,  poden axudar a outra familia.