miércoles, 4 de octubre de 2023

Reunión de inicio de curso


🗓 O vindeiro martes 10 de Outubro ás 20:00 horas estaremos no salón de usos múltiples do IES Pastoriza para informarvos das nosas inquedanzas relativas ao comezo de curso e coñecer tamén as vosas para que, entre todos, poidamos resolvelas e conseguir un centro educativo de calidade.

📝 𝐋𝐄𝐌𝐁𝐑𝐀𝐃𝐄!!!

Lugar: SALÓN DE 𝑼𝑺𝑶𝑺 𝑴𝑼𝑳𝑻𝑰𝑷𝑳𝑬𝑺 𝑫𝑶 𝑰.𝑬.𝑺 PASTORIZA
Día: 𝑴𝑨𝑹𝑻𝑬𝑺 𝟏𝟎 𝑫𝑬 𝑶𝑼𝑻𝑼𝑩𝑹𝑶 𝑫𝑬 𝟐𝟎𝟐𝟑
Hora: 𝟐𝟎:𝟎𝟎 𝑯.

👋 𝕌𝕟 𝕤𝕒𝕦́𝕕𝕠 𝕕𝕒 𝔻𝕚𝕣𝕖𝕔𝕥𝕚𝕧𝕒 𝔸ℕℙ𝔸 𝕊𝕒𝕟 𝕄𝕚𝕘𝕦𝕖𝕝

lunes, 18 de septiembre de 2023

Banco de libros da ANPA

 Ola familias!

Con moito pesar temos que informar que este curso a ANPA non ten libros para montar o empréstito ó que vos temos acostumados.

Como sabedes o noso banco de libros se nutre de donacións e este curso non tivemos.

Esperamos retomalo nos cursos vindeiros.

Un saúdo da Xunta Directiva.

viernes, 8 de septiembre de 2023

Incidendias do inicio de curso

Ola familias!

Empezamos o novo curso, con moita ilusión. 

Deste sairá a nosa primeira promoción de bachareis! 

Inda que esperamos que todo vaia ben, contamos con que o luns empecen os problemas co transporte, polo que vos pedimos que nos comuniquedes cantas incidencias atopedes.

Podedes deixarnos os vosos comentarios no correo:  sanmiguel.apa@gmail.com

Gracias pola vosa colaboración.

A Xunta Directiva.


jueves, 4 de mayo de 2023

Charla para as familias.

Ola familias!

O próximo mércores vai a ter lugar unha "Conversa coas Familias" online cunha temática moi interesante por peleaguda: 

"Os nosos fillos ven porno, como actuar na familia?"

Non hai que inscribirse, so acceder a través do enlace que ven no cartel que vos adxuntamos.

Un saúdo da Xunta Directiva.




miércoles, 12 de abril de 2023

Aniversario

 Ola familias!

Onte a nosa ANPA cumpriu 20 anos!!

Botando a vista atrás, vemos que o traballo altruista e comunal de tanta xente non foi en vano.

Agora que o asociacionismo está en horas tan baixas e que levamos un monte de cursos sen chegar a ter nin o 10% de familias de alumnos como socias é un orgullo saber que ainda hai un nucleo que se resiste a deixar esmorecer todo no olvido e que segue a loitar para que o noso IES sexa un lugar mellor.

Parabéns a todos os que o fixeron posible.

A actual Xunta Directiva.

martes, 11 de abril de 2023

Becas Eurolingua

 Ola familias!

Quédalle unha semana para que finalice o prazo de solicitude a convocatoria das Becas Eurolingua deste ano.

Tendes ata as 23:59 do 19 de Abril para solicitar unha das 20 prazas para a realización dun Curso de Inglés en Irlanda, de duas semanas de duración durante o verán, todo incluido.

Está dirixida a estudiantes de secundaria maiores de 14 anos, estudiantes universitarios, de bacharelato ou formación profesional.

Tendes os requisitos e toda a información dispoñible neste enlace.

https://www.becaseurolingua.com/

Un saúdo.