lunes, 4 de noviembre de 2019

2ª Colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas

Ola familias,
a Federación de ANPAs de Ensino Publico de Arteixo, FEDART, a cal pertence nosa ANPA, imos facer por segundo ano consecutivo unha  colaboración co Banco de Alimentos Rias Altas.

venres 22 e o sábado 23 de Novembro estaremos recollendo as donacións dos clientes do Eroski da Avenida Finisterre, o lado dos centros escolares, en Arteixo. 

Queremos cubrir o horario completo dos dous días polo que precisaremos moitos voluntarios.

As persoas voluntarias: nais, pais, nenas e nenos, profesorado dos centros de ensino de Arteixo que decidan apuntarse. Os menores (poden participar a partir de 8 anos) terán que aportar unha autorización  específica das súas persoas titoras. Todos os menores, de calquera idade ate os 16, deberán estar acompañados necesariamente por persoas adultas durante a quenda de recollida.

Aquí está o enlace a autorización para menores: 


As quendas de recollida agrupanse en períodos de dúas horas e media, salvo a que ocupa o horario de 15 a 17 hs. No caso de que haxa abundancia de solicitudes de participación ou moita participación de menores, reduciríamos a duración de cada quenda.

As persoas interesadas en participar terán que enviarnos un correo electrónico cos nomes dos participantes, especificando se son menores e un teléfono de contacto a:


Aquí vos deixamos o enlace co Banco de Alimentos por se queredes saber como traballan.



!Animádevos a participar¡

jueves, 10 de octubre de 2019

Asemblea de inicio de curso.

Ola familias,
o mércores 23 de Outubro, a partires das 19:30 imos celebrar a nosa primeira reunión deste curso.
Será coma sempre, no salón de usos múltiples do IES. Estades todos convidados.
¡Vémonos na asemblea!

martes, 3 de septiembre de 2019

Devolución de libros de verán.

Ola familias:
Os libros emprestados polo banco de libros da ANPA este verán, terán que ser devoltos o 5 de setembro, día de entrega das notas, no local da ANPA, en horario de 09:30 a 11:00.
Sorte coas notas!

Unificación dos días non lectivos.

Ola familias:
Igual que o curso pasado, as ANPAs de Arteixo queremos que se unifiquen os días non lectivos que pode escoller cada centro, para que as familias que teñen nenos escolarizados en diferentes centros poidan conciliar as súas xornadas laborais dun xeito máis amable.
Polo que onte presentamos a petición no IES. Esta mesma petición será presentada pola federación de ANPAs de Arteixo, FEDART, ante o Concello e os centros de ensino que non teñen ANPA propia.
Esperamos que os resultados sexan tan satisfactorios ou máis ca o curso pasado.
Saúdos.

martes, 9 de julio de 2019

Sorteo rifas viaxe fin de curso.

Ola familias,
este ano os números gañadores do sorteo das rifas vendidas para axuda a viaxe de fin de curso foron:

1.176.001 - Semana en el Caribe

35.299 - Semana Costa Daurada

577.328 - Pack experiencias


Como poderedes comprobar neste enlace:

miércoles, 22 de mayo de 2019

Excursión a Pontedeume

Ola familias:
Como o ano pasado, chegou o momento da excursión. Este ano imos a Pontedeume, onde comezaremos unha andaina ata a Torre Nogueirosa, duns 5 km ida e outros 5 km de volta. 
Como coincidiremos cun festival folk que organiza o Concello de Pontedeume, a entrada a torre será de balde, haberá música, baños, buses de ida e volta, etc, pero a nosa intención e baixar a comer ata a praia de Cabanas... a pe.
Poderemos deixar tanto a comida como os bultos da praia no bus.
O bus sairá do IES as nove da mañá e como a andaina comeza as 10:30, haberá tempo pra un café antes de arrincar. 
Contamos con chegar o IES sobre as 21:00, ou antes se non hai retrasos e entre medias disfrutar dunha xornada todos xuntos onde falaremos sobre esos temas que temos en común. 
Xa se distribuiron entre os alumnos as follas de inscripción. Se precisades algunha aclaración poñédevos en contacto con nos.
Esperamos vervos a todos

Praia de Cabanas
Castelo de Nogueirosa

Xornada de formación en Primeiros Auxilios e RCP básica

Ola familias,
a FEDART organiza para o Sábado 1 de Xuño unha xornada de formación sobre primeiros auxilios e R.C.P. básica, dirixido a nais e pais, e de balde no Centro Social do Froxel, en Oseiro.
Será de 10:00 a14:00 e de 16: a 20:00h. Esta xornada esta tendo moito éxito nas súas edicións anteriores, animádevos.
O enlace para a inscripción é este:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSetl6rEDGXIpWRhnkUglXnhQXUwZAIzzs7S8mLpys3gud3nXQ/viewform




sábado, 11 de mayo de 2019

Arteixo Innovación

Ola familias,
esta semana desenrolouse o congreso sobre educación que promove o Concello. Nel xunta a tódolos membros da educación local, xa que participan todos os centros, e invitan a todo o alumnado e ás familias, polo que é un congreso moi interesante, con ponencias que vagan a pena, tanto por parte dos centros, como por parte dos relatores. Mención aparte merece a escola de cociña, que fai unha degustación exquisita.
Ben, pois dentro deste "IV Encontro de experiencias EDUCA TIC" participamos no concurso das ANPAs. Creo que é a primeira vez que a San Miguel participa, dende logo si que foi a primeira vez para a directiva actual, e inda que levábamos un proxecto moi modesto en comparación cos nosos contrincantes, acadamos o segundo premio.
Queríamos compartilo con todos vos e invitarvos a participar como público o ano que ven, foi moi emocionante ver os nosos alumnos contándolle o auditorio as súas experiencias. 
Un saúdo.





jueves, 18 de abril de 2019

Recollida de firmas da FEDART

Ola familias:
Segue en marcha a recollida de firmas da FEDART para acadar os novos centros de estudos que precisa Arteixo. Xa vimos que sairon moi publicitados na prensa, pero que nos saibamos o Concello inda non ten a titularidade dos terreos...
Se queredes sumarvos a esta iniciativa e botar unha firma atoparedes as follas nos seguintes locais:


PASTORIZA:

Conserxería do IES Pastoriza
Confitería Mari
Farmacia de Juana Lorenzo
Librería Pili
Farmacia Pastoriza
Bar Avenida
Bar Local Social SCD Pastoriza
Comestibles A Roxa



ARTEIXO:

Conserxería do IES Manuel Murguia
Revela
Pcon Arteixo
Grabados Calvo
Ecolider Arteixo
Tea Bridge London
Libraría Lady
Perruquería Adriana

viernes, 12 de abril de 2019

Sorteo da Cesta de Pascua

Ola familias:
O número premiado no sorteo da cesta de Pascua realizado hoxe foi o

72
Gracias a todos por vir e participar.

viernes, 5 de abril de 2019

Xornada de Convivencia

Ola familias,
o próximo venres 12 de Abril imos estar pola tarde no primeiro andar do Centro Multiusos de Barrionovo, o que está a carón da EEI de Barrionovo, en Pastoriza. A idea e invitarvos a un café e poder charlar entre todos dun xeito distendido dos temas que nos preocupan, dos que nos interesan ou do que se vos ocorra. Esta é unha invitación aberta a toda a comunidade educativa. Estaremos encantados de vervos alí.
E haberá o sorteo dunha cesta de pascua.



viernes, 15 de marzo de 2019

Asemblea Xeral Extraordinaria

Ola familias.
Con motivo da elección dos nosos representantes ante a FEDART temos que convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria urxente para o luns 18 de Marzo. Será no local da ANPA, as 16:30 en primeira convocatoria e as 17:00 en segunda.
Como coincidiremos co horario de clases pregamos o maior respeto e un volumen baixo, para non molestar.
Lamentamos a precipitación, pero non tiñamos tempo de organizar unha asemblea das tradicionais.
Esperamos a asistencia de todos os socios que poidan vir a estas horas.
Un saúdo.

sábado, 26 de enero de 2019

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA


Ola familias, 
o Xoves 7 de Febreiro celebrarase a primeira Asemblea Xeral Ordinaria da FEDART.
Como ANPA integrante temos que elexir entre os nosos socios a tres representantes/delegados e a dous persoas para a directiva. Os que queirades acadar un destes postos tedes que enviarnos un correo electrónico o antes posibel.

sanmiguel.apa@gmail.com

Esperamos vervos na reunión.
Un saúdo.