jueves, 29 de septiembre de 2022

Asemblea Xeral Ordinaria

 

¡Ola familias!


A ANPA San Miguel do IES Pastoriza quere invitarvos a participar na Asemblea Xeral Ordinaria de incio de curso que celebraremos o mércores 5 de outubro no salón de usos múltiples do IES Pastoriza, as 20:00 horas.


Sexades socios ou non, podedes participar, sendo o único límite o aforo da sala.


Un saúdo da directiva.


martes, 6 de septiembre de 2022

Concentración contra os recortes

 Ola familias, a nosa confederación chámanos a movilizarnos mañá.

O primeiro curso pospandémico, así o define o noso Conselleiro. Un curso que comeza de xeito caótico, con recortes de profesorado, ignorando practicamente a atención á diversidade e as necesidades educativas especiais. Un curso no cal non hai currículo, a comunidade educativa guiarase polo borrador. Un curso no cal as editoriais están aínda imprimindo os manuais e iniciarémolo improvisando....
E ti, familia, como membro da comunidade educativa, vas consentir esta masacre no Ensino Público Galego?.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca esta mobilización.
Non quedes na casa!



viernes, 2 de septiembre de 2022

Banco de Libros

Ola familias:

Como este curso cambiaron os libros de texto en primeiro e terceiro curso e os de Xeografía e Historia en tódolos cursos da ESO, o noso banco de libros veuse moi reducido, de tal xeito que os libros que nos quedan para o empréstito son:

2ª CURSO

Matemáticas: 7 libros, máis un tomo da 3ª avaliación

Inglés: 11 libros e 3 Workbooks

Lengua e Literatura: 10 libros

Lingua e literatura: 8 libros

Física e Química: 7 libros

Francés: 8 libros, máis 1 caderniño de exercicios


4º CURSO

Matemáticas Aplicadas: 1 libro, máis outro incompreto (1º e 3ª avaliación)

Matemáticas Académicas: 1 libro, máis outro incompreto (só a 2ª avaliación)

Inglés: 5 libros, máis 1 workbook

Lingua e literatura: 5 libros

Francés: 3 libros, máis 1 caderniño de exercicios. 

Bioloxía: 1 libro


E de bacharelato non temos ningún.

Lembrade que o noso banco de libros depende das doazons recibidas.


Inicio de Curso

Ola familias!

Por fin empezamos un curso "normal" despois da pandemia. 

Este ano coa incorporación do primeiro curso do bacharelato na historia do centro, todo un fito na historia  desta ANPA,

Este curso voltamos a solicitar a unificación dos días non lectivos entre os centros do Concello, xa vos contaremos en que remata a cousa.

Estamos desexando vervos na reunión de inicio de curso.

Un saúdo da directiva.