lunes, 13 de diciembre de 2021

Recollida solidaria do Grilo

Ola familias!

Dende hoxe, luns 13, ata o venres 17 teremos instaladas na entrada do IES unhas caixas para que o alumnado que o desexe poida deixar productos non perecedeiros. 

Esta recollida solidaria é a quinta que organiza a Asociación Cultural O Grilo, de Pastoriza. Todo o recollido está destinado ó Banco de Alimentos Rias Altas.

                                    

Lembrade que ha de ser o alumnado o que leve os artigos doados e que poden ser comida, productos de droguería, de limpeza, etc. Este ano poñen especial atención nas conservas, productos pediatricos tipo leites de continuación, papillas, potitos, etc.

Saquemos o noso lado máis humanitario e compartamos un pouco de Nadal con quen máis o precisa.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

domingo, 12 de diciembre de 2021

Parabéns o noso IES

Ola familias!

Hoxe temos que felicitar ó noso IES por acadar o 3º premio da categoría B dos premios Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 da Xunta de Galicia, dotado con 1.000€.

Presentaron un  proxecto baseado nunha alumna, diagnosticada con cegueira e afiliada da ONCE, que rematou a ESO no noso centro.

Para acadar o feliz resultado deseñaron un plan no que alcanzase o máximo desenvolvemento persoal, o éxito escolar e a integración total entre os seus compañeiros, a través da implicación do profesorado, persoal de apoio, persoal do centro, etc.

Empregaron as TICs e esináronlle a ser autónoma nas competencias dixitais.

Por outra banda, a propia alumna acadou o 3º posto nos premios da ESO ó esforzo e á superación persoal. Pouco premio nos parece para unha rapaza tan marabillosa.

Todo isto foi posible gracias á colaboracións con outras entidades, como a ONCE, e o Concello de Arteixo, por citar algunha, e á capacidade tecnolóxica do noso IES, que sempre invirte os 32.000€ que recibe cada ano do Concello, a través do Proxecto Arteixo Innovación en renovar, manter e mellorar os equipos do centro para que os nosos fillos sexan seres dixitalmente formados, tal como demanda o mundo actual.

Así que parabens os premiados, con especial agarimo a nosa exalumna, xa matriculada noutro centro onde segue ampliando os seus estudos.

Esperamos que o noso IES siga loitando e formándose para acadar a integración real de todo canto alumno pase polo IES Pastoriza.