domingo, 27 de junio de 2021

Graduación

Rostros felices, risas a esgallo, iso vimos o xoves 24 cando sobre a unha da tarde saían da graduación os alumnos de 4º da ESO do IES Pastoriza. 

Agradecidos polos detalles: a banda, a orla, o lápiz de memoria... pero sobre todo polo cariño dos seus mestres, tanto dos que lles daban clase coma dos que lla deran en curso anteriores. 

Foi o que máis escoitamos ós alumnos: "Estaban moitos profes".

Gracias de parte das familias polo acto, polo esforzo neste curso tan duro, pero sobre todo, polo cariño demostrado.





lunes, 14 de junio de 2021

Recollida do Banco de Libros

 Ola familias!

O luns 21 durante o recreo o alumnado de 1º e 2º curso deberá entregar no local da ANPA os libros que lles foron prestados durante este curso. 

O martes 22, de igual xeito, tocaralle o alumnado de 3º e 4º curso.

Por mor do COVID terán que facer cola no corredor, coa máscara posta, gardando a distancia de seguridade, etc, como fixeron cando viñeron a recollelos

Pasarán de un en un ó local e se precisan libros para Setembro, encheremos o formulario correspondente e xa poderan levalos ese mesmo día.

Un saúdo da directiva.