jueves, 14 de octubre de 2021

Reunión de inicio de curso

Ola familias!

Despois dun ano sen poder vernos as caras, imos facer unha reunión presencial!

O mercores que ven, día 20, as 21:00 poderemos xuntarnos no local social que está embaixo da biblioteca Miguel Sande, aquí, en Pastoriza.

Imos ter restriccións de aforo, polo covid, e teremos que tomar todas as medidas habituais nestes tempos:

Non vir se hai síntomas, uso de mascarilla e hidroxel, distancia social, etc e a maiores ímovos pedir nome e número de teléfono por se se da un gromo. Este listado será destruido os 15 días despois da reunión.

Como este local é un pouco dificil de atopar para os non iniciados no rueiro da parroquia, deíxovos a dirección:

Rúa Malveira, nº6.

As coordenadas: 

Latitude: 43.3313564

 Lonxitude: -8.4643505,68

Unha foto: https://goo.gl/maps/mzsPzfAv9EvNinmP8

E lembrarvos que NON é o que está o lado da EEI Barrionovo.

Todos sabemos o importante que é acompañar os nosos fillos na vida, e nestas idades, a educación é un dos aspectos máis relevantes para eles. Entre todos abarcaremos máis, nesta inmensa labor, polo que esperamos vernos o mércores 20, as 21:00, no local social grande de Pastoriza.

Un saúdo da directiva.