viernes, 28 de diciembre de 2018

Recollida de firmas a prol do bacharelato

Ola familias:
Como agora a solicitude do bacharelato xa se está a tramitar nos despachos da Consellería, vimos que era o momento oportuno para darlle paso á acción social, e puxemos en marcha unha recollida de firmas por todo o radio de influencia do IES. En vinte días recollimos máis de 1.000 firmas, que entregamos por rexistro á atención do Xefe de Servicio da Inspección Educatíva.
E para que nos tivesen en conta decidimos darlle publicidade, polo que hoxe sae a nova nun xornal.
Aquí tedes o enlace:


Gracias a todos por axudarnos enchendo de firmas folla tras folla.

Feliz Nadal a todos, Feliz Aninovo e xa sabedes cal é o noso desexo para o 2019:

 ¡Acadar o bacharelato!