lunes, 14 de septiembre de 2020

Concentración no Concello de Arteixo

Ola familias:
Como ANPA pertencente a FEDART  e maila CONFAPA, sumámonos a concentración convocada polos sindicatos de profesores, persoal laboral dos centros, asociacións de pais, etc, convocada para o mércors 16.
A idea das ANPAs de Arteixo é rodear o Concello. Podemos ser centos, sempre que estemos en grupos dun máximo de 10 persoas.
É unha concentración autorizada.
Animádevos a participar. Como todos nos coñecedes, buscádenos por alí.
Adxúntovos o cartel:




jueves, 10 de septiembre de 2020

Regulación do estacionamento na entrada do IES

 Ola familias:

Como anunciou na reunión do día 1 de setembro coa Corporación Municipal o Xefe de Seguridade, don Daniel Sánchez, sinalizaron a entrada no noso IES, nun intento de regular o estacionamento nunha zona tan complicada. 




Manifesto conxunto das ANPAs de Arteixo.

 Ola familias:

O colectivo de ANPAs de Arteixo, a excepción da do Ponte dos Brozos, estivemos todo o verán traballando xuntas, incluso tivemos contactos con outros colectivos de nais e pais  que non son ANPAs, pendentes do inicio do curso, sen perder de vista o COVID-19. Que medidas ian tomando as administracións, como se aplicaban se chegaban a realizarse, etc.

Ante a incertidume que nos creou a falta de información veraz e a escasez de investimento no eido da educación, fixemos un manifesto conxunto entre todos a mediados de agosto que foi entregado a toda a Corporación Municipal, xunto cunha solicitude de reunión. Dita reunión celebrouse o dia 1 de setembro e como toda xuntanza, foi enriquecedora, pero non nos chegou, polo que enviamos o escrito o Parlamento de Galicia, a Deputación, a asociación de empresarios de Arteixo, os centros de saúde locais e os sindicatos de profesores.

Inda que só aparece firmado por 8 ANPAs, fomos 10 as implicadas, pero duas non puideron asinalo por non telo consultado cos seus socios antes da data de entrega do escrito.

Aquí vos deixo o enlace: 


Manifesto Conxunto ANPAs de Arteixo


miércoles, 9 de septiembre de 2020

Unificación dos días non lectivos

 Ola familias:

Como viñemos facendo os últimos cursos, xunto coa maioria das ANPAs de Arteixo, entregámoslle o IES por rexistro a solicitude de unificación dos días non lectivos nos centros de educación pública do Concello. Esperamos ter unha resposta tan positiva coma nos cursos anteriores.

Un saúdo.

martes, 8 de septiembre de 2020

Folga

 Ola familias:

Os sindicatos de profesores convocan unha folga  para os días 10, inicio en infantil e primaria, e para o 16, día de inicio en secundaria. Inda que teñen todo o noso apoio, en Arteixo o 16 é festivo, polo que non a notaredes.

O inicio do curso será o 17, se nada cambia. Estamos pendentes das publicacións na web, inda que comprendemos que están cunha tarefa imposibel agora mesmo, botamos de menos a comunicación coas familias.

Deixovos o escrito que a nosa confederanción en unión coa Confederación de ANPAs Galegas asinou  en apoio a folga: 


Escrito Conxunto

E mailo cartel: 




Protocolo definitivo do curso

 Ola familias,

deíxovos o enlace ó protocolo que a Consellería de Educación tivo a ben publicar o 31 de agosto. 

Protocolo Inicio de Curso