jueves, 13 de mayo de 2021

Finalista na Olimpiada Matemática Galega

 Ola familias, 

Hoxe queremos celebrar unha gran noticia.

Un alumno do noso IES  e socio da ANPA pasou a final galega da Olimpiada Matemática de 2º da ESO de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática)!!

Así que moitos parabens Rubén por ter pasado a eliminatoria e moita sorte e cabeza fría o día 20 en Lugo.

Estaremos todos apoiándote dende aquí.

Concurso conXéLAte

 Ola familias!

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano se lle adica a Xela Arias, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüistica do noso IES , organiza o concurso de lecturas compartidas "conXéLAte", no que animan a participar a toda a comunidade educativa.

Só teríades que enviarlles un pequeno vídeo cunha lectura compartida (coas vosas fillas e fillos) de textos da autora homenaxeada a conta de correo: 

equipo.normalizacion@iesdepastoriza.edu.es


Antes do 21 de Maio

Din que a participación terá recompensa.

Animádevos a participar!

Podemos crear un momento feliz dos que se lembran sempre.

Aquí vos deixamos o cartel tan estupendo que fixeron: