martes, 11 de agosto de 2020

Recollida de firmas

 Ola familias!

A nosa federación está recollendo firmas e nos apoiamos a sua iniciativa. Enviaronnos este mail: 

Bos días. Puxemos en marcha en Change.Org a iniciativa en contra do Protocolo Xeral, enviado aos Centros, elaborado pola Consellería de Educación

Baixo o Lema: "Consellería de Educación: A saúde é unha cuestión de familia" está tamén na web de CONFAPA-Galicia e das Federación Provinciais. 

Estamos a tentar conseguir sinaturas e necesitamos todo o apoio que sexa posible. Podes ler máis e asinar a petición aquí:


http://chng.it/qFR6TGKXY7


 


Grazas!


lunes, 3 de agosto de 2020

Novas

Ola familias,
de primeiro unha boa nova. 
Este ano as becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (Becas NEAE) do Ministerio de Educación incluen a todo o alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Está publicado no seguinte BOE:


E agora unha nova dunha das nosas ANPAs irmás, a Manuel Murguía do CEIP  de Galán. Este texto está publicado no seu blog. Nel explican todo moi craro,

A A.P.A. MANUEL MURGUÍA non xestionará os servizos de comedor e madrugadores no CEIP GALÁN durante o curso 2020/2021

A A.P.A. MANUEL MURGUÍA, en data 21 de xullo de 2020, celebrou reunión da xunta directiva para debater sobre a xestión dos servizos de conciliación (comedor e madrugadores) por parte da A.P.A. MANUEL MURGUÍA no curso 2020/2021.

Acordouse por unanimidade que a A.P.A. MANUEL MURGUÍA non se encargará da xestión do comedor/madrugadores durante o vindeiro curso 2020/2021. 


A seis semanas da data de inicio do curso escolar 2020/2021 este protocolo está pendente de ser adaptado ao centro educativo por parte da Dirección do centro.

Iso implica que non sabemos a día de hoxe se o espazo destinado a comedor estará dispoñible ou non, nin tampouco cantos usuarios poderían disfrutar do servizo. Nunha previsión inicial a Dirección do centro trasládanos que a capacidade do espazo que se ven destinando a comedor podería estar entre 16 e 21 comensais.

Tendo en conta a media de usuarios do servizo de comedor nos últimos anos, iso supón que se deban contemplar criterios de preferencia para o acceso ao servizo. A A.P.A. non quere desempeñar o papel de decidir que usuarios van ter acceso ao servizo e cales non. Somos unha entidade que ha de prestar servizos para toda a comunidade educativa e non nos compete excluir a ninguén.

Tampouco coñecemos (porque a Dirección do centro non conta con esa planificación a día de hoxe) como se vai garantir a limpeza, a hixiene, os accesos ordenados de entradas/salidas do centro, as quendas de recreo nin outros moitos aspectos aos que fai referencia o Protocolo.

Ademais, por un principio de precaución, neste escenario de pandemia que vivimos, entendemos que non debemos asumir responsabilidades sanitarias, civís ou doutra natureza que se poidan derivar da aplicación do mencionado protocolo.

Por todo iso, o 27/07/2020 rexistramos no CEIP Galán escrito solicitando que se teña por desistida á A.P.A. MANUEL MURGUÍA da solicitude de prórroga de autorización de funcionamento do comedor escolar para o curso 2020/2021. Así mesmo pregamos que, desde a dirección do CEIP GALÁN, se inste de forma urxente á Consellería de Educación a asumir a prestación do servizo de comedor escolar no centro para o curso 2020/2021

A dirección do CEIP GALÁN contactou co Servizo de Recursos Complementarios da Xefatura Territorial en A Coruña da Consellería de Educación e informou en data 28/07/2020 que a Xunta non pode asumir o servizo porque “non ten tempo para contratar” e que a A.P.A. pode “pasar a xestión ao concello”.

Así, iniciamos os contactos co Concello de Arteixo para propoñerlle o traspaso da xestión dos servizos de comedor e madrugadores, alternativa proposta pola Consellería de Educación.
Solicitamos reunión urxente coa Corporación municipal e estamos esperando a súa resposta.
Manterémosvos informados dos avances e decisións que se adopten.

Non somos unha excepción: 


Outra serie de novas relacionadas co tema, aparecidas en diferentes medios e publicacións: