lunes, 14 de septiembre de 2020
Concentración no Concello de Arteixo
jueves, 10 de septiembre de 2020
Regulación do estacionamento na entrada do IES
Ola familias:
Como anunciou na reunión do día 1 de setembro coa Corporación Municipal o Xefe de Seguridade, don Daniel Sánchez, sinalizaron a entrada no noso IES, nun intento de regular o estacionamento nunha zona tan complicada.
Manifesto conxunto das ANPAs de Arteixo.
Ola familias:
O colectivo de ANPAs de Arteixo, a excepción da do Ponte dos Brozos, estivemos todo o verán traballando xuntas, incluso tivemos contactos con outros colectivos de nais e pais que non son ANPAs, pendentes do inicio do curso, sen perder de vista o COVID-19. Que medidas ian tomando as administracións, como se aplicaban se chegaban a realizarse, etc.
Ante a incertidume que nos creou a falta de información veraz e a escasez de investimento no eido da educación, fixemos un manifesto conxunto entre todos a mediados de agosto que foi entregado a toda a Corporación Municipal, xunto cunha solicitude de reunión. Dita reunión celebrouse o dia 1 de setembro e como toda xuntanza, foi enriquecedora, pero non nos chegou, polo que enviamos o escrito o Parlamento de Galicia, a Deputación, a asociación de empresarios de Arteixo, os centros de saúde locais e os sindicatos de profesores.
Inda que só aparece firmado por 8 ANPAs, fomos 10 as implicadas, pero duas non puideron asinalo por non telo consultado cos seus socios antes da data de entrega do escrito.
Aquí vos deixo o enlace:
Manifesto Conxunto ANPAs de Arteixo
miércoles, 9 de septiembre de 2020
Unificación dos días non lectivos
Ola familias:
Como viñemos facendo os últimos cursos, xunto coa maioria das ANPAs de Arteixo, entregámoslle o IES por rexistro a solicitude de unificación dos días non lectivos nos centros de educación pública do Concello. Esperamos ter unha resposta tan positiva coma nos cursos anteriores.
Un saúdo.
martes, 8 de septiembre de 2020
Folga
Ola familias:
Os sindicatos de profesores convocan unha folga para os días 10, inicio en infantil e primaria, e para o 16, día de inicio en secundaria. Inda que teñen todo o noso apoio, en Arteixo o 16 é festivo, polo que non a notaredes.
O inicio do curso será o 17, se nada cambia. Estamos pendentes das publicacións na web, inda que comprendemos que están cunha tarefa imposibel agora mesmo, botamos de menos a comunicación coas familias.
Deixovos o escrito que a nosa confederanción en unión coa Confederación de ANPAs Galegas asinou en apoio a folga:
E mailo cartel:
Protocolo definitivo do curso
Ola familias,
deíxovos o enlace ó protocolo que a Consellería de Educación tivo a ben publicar o 31 de agosto.