miércoles, 14 de octubre de 2020

Entrega dos libros.

 Ola familias.

O reparto dos libros será o XOVES 15 e VENRES 16, no horario do recreo directamente ó alumnado.

Os rapaces serán citados telefónicamente, pra un día ou outro. 

O centro está avisado, polo que non deberían ter problemas, en caso contrario falade con nos que o arranxaremos. 

Por evitar aglomeracións, decídelles que veñan sos, sen acompañantes. 

Esperamos vervos na asemblea de inicio de curso.


jueves, 1 de octubre de 2020

Banco de libros

 Ola familias:

Non publicamos antes nada referente os libros, porque estabamos pendentes de como nos deixaría organizalo o centro.

Inda non temos datas, pero xa podemos decirvos que a entrega vai a ser no horario do recreo, directamente o alumnado. 

Para evitar aglomeracións ou calquer outro aspecto que malogre o esforzo que está a realizar o centro fronte o COVID, citaremos a uns poucos rapaces cada día.

Coma sempre, antes chamaremos as familias beneficiadas para confirmar que libros precisan exactamente e darlle a hora en que o alumno debe presentarse no local da ANPA para a recollida.

Tamén debedes saber que informaremos o centro do nome dos rapaces citados, para que non lles penalicen por saltarse o protocolo no pasillo.

Lembrarvos que no reparto teñen prioridade os socios.

Todo isto empezará unha vez que o IES remate o reparto de libros do centro.

Lamentamos levar tanto retraso este curso, pero é inevitable.

Un saúdo.