sábado, 28 de noviembre de 2020

Asemblea Extraordinaria da FEDART

 Ola familias!

A Federación de Anpas de Artixo convócanos a unha reunión extraordianaria para o día 3. 
Como socios da ANPA podedes asistir con voz, pero sen voto. 
A reunión será telemática, polo que para participar teríades que comunicárnolo a nos primeiro, para poder pasarlles o listado de participantes.
Adxunto a convocatoria.





Resultados da enquisa sobre centros e COVID

 Ola familias!

Fedapas Coruña (Federación de anpas da provincia da Coruña), da cual somos socios, fixo unha enquisa para coñecer de primeira man a situación dos centros esolares en canto á información e posta en práctica dos protocolos en casos de covid. 

Os que sodes socios recibíchela por correo electrónico. Gracias por colaborar.

Agora Fedapas Coruña envianos os resultados e traslada á Consellería e máis á prensa un escrito sobre o tema.

Aquí vos deixo o enlace: 

Resultados Enquisa




jueves, 12 de noviembre de 2020

 Ola familias:

A ANPA Manuel Murguia do CEIP Galán, vai coordinar un cursiño online sobre a cooeducación emocional en infantil e primaria. Podedes apuntarvos se tedes nenos entre 3 e 11 anos, da igual que non sexades socios da Manuel Murguia. 

Animádevos a participar.




miércoles, 4 de noviembre de 2020

Comunicado conxunto das ANPAs de Arteixo

 Ola familias:

Como estamos a ver que o Protocolo de Vixilancia e Control Epidemiolóxico Frente ao Virus SARS-CoV-2 (COVID-19) no Ámbito Eduativo Non Universitario de Galicia está tendo unhas carencias inadmisiveis na práctica, enviamos o seguinte manifesto as administraccións, prensa, centros do concello e demais interesados no tema.


MANIFESTO DE ANPAS DE ARTEIXO SOBRE OS PROBLEMAS CO COVID

     Tras mes e medio do inicio do curso 2020/2021, estamos a ter serios problemas de comunicación entre as administracións e as familias.

     Consideramos insuficiente ou ineficaz na práctica o Protocolo de Vixilancia e Control Epidemiolóxico Frente ao virus SARS-CoV-2 (COVID-19) no Ämbito Educativo Non Universitario de Galicia, na súa terceira versión do 09/10/2020, actualmente en vigor.

     Por iso, a ANPA “San Miguel” do IES Pastoriza, a ANPA “Século XXI” do IES Manuel Murguía, a ANPA “O Loureiro” da Escola Infantil de Vilarrodís, a ANPA “Barrionovo” da Escola Infantil de Barrionovo, a ANPA “Meniños” da Escola Infantil de Roris-Armentón, a ANPA da Escola Infantil de Larín de Arriba, a ANPA da Escola Infantil de A Lagoa - Sorrizo e a ANPA “Manuel Murguía” do CEIP Galán de Oseiro, decidimos facer público o seguinte manifesto sobre as cuestións que máis nos inquedan neste contexto, que concretamos nas seguintes demandas:

     1. Que se modifique o protocolo no punto 2.2. “Abordaxe do caso sospeitoso cando está no centro educativo”, da versión actual e que se obrigue a gardar coarentena os alumnos, convivintes cunha persoa con síntomas compatibles coa COVID, ata que se confirme o resultado. 

    2. Que non pasen tantos días entre a notificación dun positivo o centro e a comunicación do SERGAS a todos os implicados. 

    3. Que realmente se avise a todos os implicados, porque estamos a ver como os avisos parecen ser aleatorios, sen ter en conta a todos os posibeis infectados. 

    4. Que se fagan as probas PCR a todos os afectados, incluindo o profesorado e persoal dos centros, nun plazo breve, que estamos a ver esperas de ata 10 días para facer a 1ª proba. 

    5. Que haxa un seguemento educativo por parte do profesorado dos nenos confinados, tratando de ter algunha iniciativa máis cercana ca unha aula virtual, como poden ser clases virtuais ou polo menos subir algun audio ou vídeo explicativo sobre as tarefas ou materias a impartir.

    6. Que no CADRO ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS, aparezan reflectidas as aulas pechadas por decisión das directivas dos centros e non somentes as pechadas por sanidade. 

    7. Que se amplíe a formación dos rastrexadores, pois hoxe un di unha cousa e mañá outro di o contrario. 

    8. Que as administracións responsabilicen as familias ao tempo que nin lles ofrecen información fiable e sen apoios, parécenos un despropósito. 

    9. Demandamos unha comunicación continuada, convocando reunións periódicas entre escolas, docentes, ANPAS, Concello e Consellería para supervisar, informar e ir adaptando a realidade da pandemia, implementando e adaptando protocolos sobre a marcha.

    Este manifesto persegue facer un chamamento urxente aos responsables públicos do Concello de Arteixo e da Xunta de Galicia sobre cuestións que consideramos imprescindibles para garantir unha educación presencial en condicións de seguridade, comprendendo que o “risco cero” non existe pero que se ha de minimizar adoptando as medidas que sexan precisas, con valentía e coa certeza de que a educación dos nosos fillos e fillas o merece. 

ANPA “San Miguel” do IES Pastoriza 

ANPA “Século XXI” do IES Manuel Murguía 

ANPA “O Loureiro” da Escola Infantil de Vilarrodís 

ANPA “Barrionovo” da Escola Infantil de Barrionovo 

ANPA “Meniños” da Escola Infantil de Roris-Armentón 

ANPA da Escola Infantil de Larín de Arriba 

ANPA da Escola Infantil de A Lagoa - Sorrizo 

ANPA “Manuel Murguía” do CEIP Galán de Oseiro




lunes, 2 de noviembre de 2020

Notificacións do Facebook

 Ola familias:

Estamos a ter problemas co Facebook. Non nos deixa abrir as notificacións por máis voltas que lle damos, así que sería mellor que contactásedes con nos a través do correo electrónico. 

sanmiguel.apa@gmail.com

Seguimos intentando correxir o erro.