jueves, 22 de abril de 2021

Escrito de queixa

 Ola familias.

Queriamos compartir con vos este escrito que enviamos a inspección educativa, o IES e tamén a educación do Concello:

Dende a ANPA San Miguel poñémonos en contacto, outra vez, para comunicarlles a opacidade coa que nos atópamos no IES Pastoriza.

A recente agresión que sufriu un mestre a mans dun alumno pon de manifesto que as medidas que se están a tomar para mellorar a convivencia non son as mais axeitadas, por non decir prácticamente nulas. Temos constancia a través das familias dos alumnos que presenciaron a agresión de que quedaron moi afectados e non se lles facilitaron ferramentas para facer fronte a situación vivida.


Consideramos que temos demasiados partes e expulsións, o que pon de manifesto que a forma de resolución de confictos no centro non é a máis apropiada, sobre todo no alumnado que presenta unha maior problemática ou situación máis desfavorable. A única información que se nos facilita son os datos trimestrais no Consello Escolar que apuntan cifras moi elevadas. Debería existir un reforzo positivo do alumnado tentando premiar os seus logros e evitando as sancións.


SOLICITAMOS:


  • Poñer en marcha e convocar dunha vez a Comisión de Convivencia no noso centro, tal ecomo a lei establece, por considerala unha ferramenta fundamental para promover a resolución dos conflictos que a diario se dan no centro e na que estaría implicada toda a comunidade educativa (dirección, profesorado, alumnado, familias,…).

  • Facilitar medidas de atención e protección para coidar ao alumnado que acumule partes e expulsión que poidan cubrir as súas necesidades (psicoloxía, servicios sociais,

...)

  • Informar aos mestres, como parte fundamental deste proceso, sobre o alumnado que pola súa casuística (conflictividade, necesidade de apoio educativo,…) precise dunhas estratexias ou ferramentas específicas para a súa atención.

Ano tras ano leemos na Programación Xeral Anual o seguinte texto: Polo que respecta ás características sociais e económicas da zona non se pode falar dunha situación favorable para o estudo e mesmo a convivencia. Unha das consecuencias inmediatas que determina esta situación é a do fracaso escolar do noso alumnado, ao que hai que engadir ademáis os numerosos problemas de orde social ou económica que contribúen a iso na sociedade actual: pouca motivación diante do estudo, perspectivas laboráis pouco estables, familias desestructuradas e con escasos recursos económicos, etc”.

Non estamos dacordo con este parágrafo porque non se axusta as características actuais socioeconómicas da zona, do concello e da inmesa maioria da comunidade educativa que formamos parte do IES Pastoriza. Ademais de ser unha visión totalmente negativa do alumnado que chega ao instituto.


Por outra banda, queremos mostrar o noso desacordo coa renovación do actual director pois pensamos que non está a cumplir co proxecto educativo presentado.


miércoles, 7 de abril de 2021

Escolas Unitarias de Arteixo

 Ola familias!

Todos sabemos que a calidade da ensinanza que se acada nas escolas unitarias e envidiabel.

Grupos pequenos, mestres vocacionais, trato familiar...

As súas vantaxes non poden competir coa masificación das grandes escolas do Concello. 

Agora está aberto o prazo de matriculación e fan falta nenos para que non as pechen. 

Non vos tenta?

Mirade que cartel tan chulo fixeron entre A Lagoa e Larín.