Ola familias!
Non sabemos a que se debe, pero non conseguimos acceder a nosa páxina do Facebook, polo que nos queda só este blog para teros informados.
O correo electrónico e mailo teléfono seguen operativos.
Lamentamos as molestias.
Un saúdo.
Ola familias!
Non sabemos a que se debe, pero non conseguimos acceder a nosa páxina do Facebook, polo que nos queda só este blog para teros informados.
O correo electrónico e mailo teléfono seguen operativos.
Lamentamos as molestias.
Un saúdo.
Ola familias!
Unha vez que o horrible curso pasado rematou, temos a esperanza de que este sexa moito máis amable e levadeiro para os nosos rapaces.
Neste 21/22 temos eleccións o Consello Escolar. Xa sabedes que a forma de estar mellor informado do que pasa no centro e pertencendo a ANPA e o Consello Escolar. Dende aquí vos animamos a participar, tanto alumnos como pais, nas eleccións próximas.
Tamén como ANPA precisamos ter socios. Curso tras curso vemos que non chegamos nin o 10% das familias do centro, polo que perdemos peso ante as administracións.
Como a nosa Xunta Directiva estaba formada por familias de alumnos de 4º que xa se graduaron, precisamos xente que se implique en continuar coa historia desta ANPA e que aporte ideas novas e as súas opinións. Cantos máis sexamos, mellor.
Comezamos este curso publicando as existencias, a día de hoxe, do noso pequeno banco de libros.
Se a Xunta non vos concede o total dos libros que precisades, se quedachedes fora do prazo da solicitude do banco oficial, etc, contade con nos.
Como sempre faremos o reparto cando o IES remate o seu, terán preferencia os socios e pode ser que en outubro non teñamos un libro pero que o recibamos a metade do curso. Lembrade que se nutre de donacións.
O noso ideal sería que non quedase nin un libro gardado no armario e puidésemos prestalos todos.
Xa sabedes que tendes colgando deste blog os formularios precisos tanto para facervos socios, como para a solicitude de libros e físicamente podedes recollelos no taboleiro que hai no IES fronte a conserxería. Se vos facedes socios, por favor, grapádelle unha copia do xustificante bancario o formulario, antes de metelo no buzón.