Ola familias!
Hoxe temos que felicitar ó noso IES por acadar o 3º premio da categoría B dos premios Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021 da Xunta de Galicia, dotado con 1.000€.
Presentaron un proxecto baseado nunha alumna, diagnosticada con cegueira e afiliada da ONCE, que rematou a ESO no noso centro.
Para acadar o feliz resultado deseñaron un plan no que alcanzase o máximo desenvolvemento persoal, o éxito escolar e a integración total entre os seus compañeiros, a través da implicación do profesorado, persoal de apoio, persoal do centro, etc.
Empregaron as TICs e esináronlle a ser autónoma nas competencias dixitais.
Por outra banda, a propia alumna acadou o 3º posto nos premios da ESO ó esforzo e á superación persoal. Pouco premio nos parece para unha rapaza tan marabillosa.
Todo isto foi posible gracias á colaboracións con outras entidades, como a ONCE, e o Concello de Arteixo, por citar algunha, e á capacidade tecnolóxica do noso IES, que sempre invirte os 32.000€ que recibe cada ano do Concello, a través do Proxecto Arteixo Innovación en renovar, manter e mellorar os equipos do centro para que os nosos fillos sexan seres dixitalmente formados, tal como demanda o mundo actual.
Así que parabens os premiados, con especial agarimo a nosa exalumna, xa matriculada noutro centro onde segue ampliando os seus estudos.
Esperamos que o noso IES siga loitando e formándose para acadar a integración real de todo canto alumno pase polo IES Pastoriza.