lunes, 18 de septiembre de 2023

Banco de libros da ANPA

 Ola familias!

Con moito pesar temos que informar que este curso a ANPA non ten libros para montar o empréstito ó que vos temos acostumados.

Como sabedes o noso banco de libros se nutre de donacións e este curso non tivemos.

Esperamos retomalo nos cursos vindeiros.

Un saúdo da Xunta Directiva.

viernes, 8 de septiembre de 2023

Incidendias do inicio de curso

Ola familias!

Empezamos o novo curso, con moita ilusión. 

Deste sairá a nosa primeira promoción de bachareis! 

Inda que esperamos que todo vaia ben, contamos con que o luns empecen os problemas co transporte, polo que vos pedimos que nos comuniquedes cantas incidencias atopedes.

Podedes deixarnos os vosos comentarios no correo:  sanmiguel.apa@gmail.com

Gracias pola vosa colaboración.

A Xunta Directiva.