Ola familias!
Mañá venres, día 7, vai ter lugar a graduación da nosa primeira promoción de bachareles.
Os nosos parabéns para todo o alumnado de segundo de bacharelato, no seu día grande.
Seis cursos pasaron no centro, na etapa máis fermosa do seu crecemento persoal. Chegaron ó centro con 12 anos, uns asustados, outros encantados, e saen con 18, sentíndose as raiñas do mambo. Pasaron con nos toda esa efervescencia adolescente que tanta alegría da. Foi un pracer vervos medrar, como vos centráchedes no voso futuro, como vos implicáchedes co centro, como pelexáchedes polo que creíades xusto... Estamos moi orgullosos de vos.
Só temos unha magoa, e non é deixarvos ir, é non poder acompañarvos como soémos facer o día da graduación. Para cando nos dixestedes a data, fomos correndo a solicitar o local para o ágape, pero está todo ocupado e non podemos facelo. Unha mágoa.
Se alguén nos tivese avisado con tempo estaríamos ahi para vos, como en anos anteriores.
Os nosos mellores desexos para todo o que está por vir.
Ide a comervos o mundo, que é voso.
A directiva da ANPA San Miguel.