miércoles, 25 de abril de 2018

Ruta dos faros


RUTA DOS FAROS

O xoves 17 de Maio imos facer un tramo dunha das etapas da ruta dos faros, concretamente iremos dende Santa María de Xaviña ata o Cabo Vilán, en Camariñas. Un paseo duns 9 km por un terreo chan cunhas vistas maravillosas, apto para toda a familia. Sairemos do IES as 9 da mañá e estaremos de volta as 7 da tarde. Se o tempo nos acompaña comeremos na área recreativa de O Ariño e se non no interior do faro.
Invitamos a tódalas familias do IES a acompañarnos e pasar un día de xuntanza e desfrute.
Os que queirades vir tedes toda a información na circular que levarán os rapaces a casa.




sábado, 14 de abril de 2018

Benvida




A asociación de nais e pais do IES de Pastoriza dalles a benvida a súa recente estrea de blog. Créase coa intención de mellorar a comunicación entre nós e de publicitar o noso traballo a prol dos rapaces.
Saúdos.