RUTA DOS FAROS
O xoves 17 de Maio imos facer un tramo dunha das etapas da ruta dos faros, concretamente iremos dende Santa María de Xaviña ata o Cabo Vilán, en Camariñas. Un paseo duns 9 km por un terreo chan cunhas vistas maravillosas, apto para toda a familia. Sairemos do IES as 9 da mañá e estaremos de volta as 7 da tarde. Se o tempo nos acompaña comeremos na área recreativa de O Ariño e se non no interior do faro.
Invitamos a tódalas familias do IES a acompañarnos e pasar un día de xuntanza e desfrute.
Os que queirades vir tedes toda a información na circular que levarán os rapaces a casa.