Ola familias, hoxe traemos novas tristes.
Dende a FEDART advertiron que as familias que se benefician do cheque comedor, agora que están pechados os centros escolares deixaron de percibir a axuda, a comida dos nenos, e non atopan resposta por parte da administración.
Inda que nos somos un centro sen comedor, seguiremos denunciando o necesario que é telo en tódolos centros e pelexando ata que a administración cambie os seus criterios e nos permita acadalos, polo que apoiamos a iniciativa de enviarlle o Concello, que é o administrador das axudas da Xunta, un escrito sinalando o caso.
O texto presentado por rexistro polas ANPAS de Arteixo o Concello é este:
Dende
a A.N.P.A. San Miguel poñémonos
en contacto co Concello de Arteixo tras recibir comunicación do
Departamento de Educación en data 31 de marzo de 2020 na que se nos
indica que nos dirixamos ás familias necesitadas de recursos aos
teléfonos que se veñen difundindo desde o Departamento de Asuntos
Sociais.
Tendo
en conta a Orde da Consellería de Educación do 27 de marzo de 2020
pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter
directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor
escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta
consellería durante a situación de suspensión do servizo de
comedor como consecuencia do COVID-19.
Tendo
en conta que estas axudas só son accesibles para as familias
beneficiarias de axudas dos comedores xestionados directamente pola
Consellería de Educación e que o comedores escolares dos ceips son
xestionados polas ANPAs e as axudas económicas que reciben as
familias son concedidas polo Concello de Arteixo.
Como
ANPA do Concello de Arteixo solicitamos que desde o Concello de
Arteixo se habilite de forma urxente un sistema para proceder ao
abono directo das axudas de comedor das que son beneficiarias as
familias dos centros educativos de Arteixo, na porcentaxe que lles
corresponda, ao estar estos servizos paralizados e non ter que
abonarse ese importe ás empresas prestadora do servizo, polo tempo
que dure esta situación.
A
Directiva