viernes, 3 de abril de 2020

Comedores escolares e COVID -19

Ola familias, hoxe traemos novas tristes.
Dende a FEDART advertiron que as familias que se benefician do cheque comedor, agora que están  pechados os centros escolares deixaron de percibir a axuda, a comida dos nenos, e non atopan resposta por parte da administración.
Inda que nos somos un centro sen comedor, seguiremos denunciando o necesario que é telo en tódolos centros e pelexando ata que a administración cambie os seus criterios e nos permita acadalos, polo que apoiamos a iniciativa de enviarlle o Concello, que é o administrador das axudas da Xunta, un escrito sinalando o caso. 
O texto presentado por rexistro polas ANPAS de Arteixo o Concello é este: 



Dende a A.N.P.A. San Miguel poñémonos en contacto co Concello de Arteixo tras recibir comunicación do Departamento de Educación en data 31 de marzo de 2020 na que se nos indica que nos dirixamos ás familias necesitadas de recursos aos teléfonos que se veñen difundindo desde o Departamento de Asuntos Sociais.
Tendo en conta a Orde da Consellería de Educación do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.
Tendo en conta que estas axudas só son accesibles para as familias beneficiarias de axudas dos comedores xestionados directamente pola Consellería de Educación e que o comedores escolares dos ceips son xestionados polas ANPAs e as axudas económicas que reciben as familias son concedidas polo Concello de Arteixo.
Como ANPA do Concello de Arteixo solicitamos que desde o Concello de Arteixo se habilite de forma urxente un sistema para proceder ao abono directo das axudas de comedor das que son beneficiarias as familias dos centros educativos de Arteixo, na porcentaxe que lles corresponda, ao estar estos servizos paralizados e non ter que abonarse ese importe ás empresas prestadora do servizo, polo tempo que dure esta situación.
A Directiva