Ola familias.
O próximo Martes 23, o día que os rapaces teñen que ir a recoller as notas e entregar os libros que lles emprestou o IES é o día que terán que traer tamén os nosos libros.
Como medida de prevención polo COVID-19, en vez de entrar, serán atendidos pola fiestra do local da ANPA, que da a verxa da entrada. Terán que vir con mascarilla e se precisan algún impreso ou un empréstito de verán, procuraremos facelo todo nese intre.
Tedes os impresos de solicitude de libros para o curso que ven na sección FORMULARIOS deste blog. Se podedes imprimilo e enviárnoslo cuberto en formato PDF o correo eletrónico da ANPA mellor, pero en caso contrario, sempre temos os impresos en papel no taboleiro da ANPA, fronte a conserxería do IES. Encher o formulario e introducilo no buzón sito o lado e en Setembro farase o reparto, coma sempre priorizando os socios.
Lembrade que o noso banco de libros se nutre das doazóns. Se tedes libros de texto na casa que xa non ides a utilizar, traédenoslos, poden axudar a outra familia.