martes, 9 de noviembre de 2021

Eleccións o Consello Escolar

Ola familias!

Este mes vanse celebrar as eleccións ó Consello Escolar. 

Agora mesmo está en números vermellos.  

Segundo a norma, o Consello Escolar ten que estar formado pola dirección, xefatura de estudos, representante do Concello, ate un tercio de profesorado, un representante do persoal laboral e ata outro tercio que estará formado polas familias: 3 alumnos e 3 representantes nais-pais (un deles designado pola ANPA), máis a secretaria do centro que ten voz, pero non voto.

Actualmente quedamos un pai e a delegada da ANPA. Oficialmente consta que hai un alumno, pero van meses que non participa. Como vedes, estamos faltos de representación.

Deberiamos involucrarnos na vida do centro onde o mellor de nos, os nosos fillos, pasan a meirande parte do día e non hai mellor xeito de facelo que asistindo as reunións do Consello Escolar.

Temos que fomentar nos nosos fillos a participación nos órganos de decisión. Nestas idades tan tenras, nas que están reafirmando a súa personalidade e o seu caracter, poden aprender moito asistindo ós Consellos: a expresarse en público, a concretar ideas, a pelexar polo centro ideal no que querrían estudar...

O discurso máis inspirador que escoitamos nun Consello Escolar foi dado por un alumno xa graduado.

Así que explicade na casa a importancia que pode ter na vida do centro as decisións do Consello Escolar e sobre todo animade aos rapaces a dar un paso o fronte e asumir un pouquiño máis de responsabilidade dando voz ao alumnado. Seguro que teñen moito que aportar.

Tamén é preciso que se presenten varios pais, para poder tirar de lista se un representante causa baixa.

Tedes as bases e a circular informativa na páxina web do centro.

Se precisades calquer aclaración estaremos encantados de axudarvos. 

E lembrade, cantos máis nos presentemos mellor.

Un saúdo da directiva.