martes, 6 de septiembre de 2022

Concentración contra os recortes

 Ola familias, a nosa confederación chámanos a movilizarnos mañá.

O primeiro curso pospandémico, así o define o noso Conselleiro. Un curso que comeza de xeito caótico, con recortes de profesorado, ignorando practicamente a atención á diversidade e as necesidades educativas especiais. Un curso no cal non hai currículo, a comunidade educativa guiarase polo borrador. Un curso no cal as editoriais están aínda imprimindo os manuais e iniciarémolo improvisando....
E ti, familia, como membro da comunidade educativa, vas consentir esta masacre no Ensino Público Galego?.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca esta mobilización.
Non quedes na casa!