viernes, 25 de noviembre de 2022
25N
Eleccións o Consello Escolar II
Nestes días, entre o día 23 e 29 de novembro, estase a celebrar nos centros as eleccións ao consello escolar.
A participación das familias na vida escolar é fundamental.
Recordade:
Vótase individualmente: nais, pais e/ou titores legais.
O voto é directo, segredo e non delegable.
Entre as competencias do consello escolar están:
Aprobar o proxecto educativo
Participar no nomeamento da dirección do centro
Impulsar medidas que fomenten o recoñecemento e protección dos dereitos da infancia
Propoñer medidas que favorezan os estilos de vida saudable, a convivencia, a igualdade e a non discriminación
viernes, 11 de noviembre de 2022
Eleccións o Consello Escolar
Ola familias!
Xa estamos en prazo para presentar candidaturas ó Consello Escolar. Temos dende hoxe, día 11 ata o venres 18 para tramitalo todo no IES, como ben di na circular que nos entregaron onte.
Lembrade que cantos máis candidatos se presenten mellor, tanto pais como alumnos.
Como pais é a mellor forma de coñecer o centro onde o voso fillo pasa a metade do día, sabendo como influe na súa vida.
Como alumnos é unha elección madura, responsable e valente aprender a desenvolverse entre adultos e figuras de poder, da que poden sacar un gran proveito a nivel persoal.
Animádevos a participar!
Un saúdo da directiva.
P.D.: Deixovos o enlace ó DOG: