Ola familias!
Onte a nosa ANPA cumpriu 20 anos!!
Botando a vista atrás, vemos que o traballo altruista e comunal de tanta xente non foi en vano.
Agora que o asociacionismo está en horas tan baixas e que levamos un monte de cursos sen chegar a ter nin o 10% de familias de alumnos como socias é un orgullo saber que ainda hai un nucleo que se resiste a deixar esmorecer todo no olvido e que segue a loitar para que o noso IES sexa un lugar mellor.
Parabéns a todos os que o fixeron posible.
A actual Xunta Directiva.