miércoles, 15 de abril de 2020

Comunicado conxunto.

Ola familias.
As dúas confederacións de nais e pais do ensino público de Galicia; CONFAPA-Galicia e a Confederacion de ANPAs Galegas, xunto cos sindicatos do ensino CCOO, CIG, CSIF, UGT e ANPE; enviaron un escrito á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a fin de que se evite unha toma de decisións contraria ás familias e docentes aos que representan, rexeitando ós plantexamentos que a Administración tiña evidenciado ata hoxe. 

Aquí tedes o enlace o texto presentado.






Enquisa sobre o estudio na cuarentena.

Ola familias.
A confederación de ANPAs á que estamos adscritos fixo unha enquisa nos fogares galegos para ver que tal se estaba a desenrolar o estudo dos rapaces neste periodo excepcional.
Aquí tedes o resultado:

Resultados enquisa

E a nota de prensa que emitiron:


Nota de prensa

Comedores escolares e COVID 19

Ola familias, con respecto do texto enviado o Concello, saiu publicado no diario A Opinión o día 6 deste mes: 

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2020/04/06/padres-reclaman-concello-abone-parte/1492078.html

E o día 7 o Concello publicou na súa páxina de Facebook esta nota:

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=1423541591158963&id=404762873036845

Esperamos que os beneficiarios reciban as axudas XA.

viernes, 3 de abril de 2020

Comedores escolares e COVID -19

Ola familias, hoxe traemos novas tristes.
Dende a FEDART advertiron que as familias que se benefician do cheque comedor, agora que están  pechados os centros escolares deixaron de percibir a axuda, a comida dos nenos, e non atopan resposta por parte da administración.
Inda que nos somos un centro sen comedor, seguiremos denunciando o necesario que é telo en tódolos centros e pelexando ata que a administración cambie os seus criterios e nos permita acadalos, polo que apoiamos a iniciativa de enviarlle o Concello, que é o administrador das axudas da Xunta, un escrito sinalando o caso. 
O texto presentado por rexistro polas ANPAS de Arteixo o Concello é este: 



Dende a A.N.P.A. San Miguel poñémonos en contacto co Concello de Arteixo tras recibir comunicación do Departamento de Educación en data 31 de marzo de 2020 na que se nos indica que nos dirixamos ás familias necesitadas de recursos aos teléfonos que se veñen difundindo desde o Departamento de Asuntos Sociais.
Tendo en conta a Orde da Consellería de Educación do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.
Tendo en conta que estas axudas só son accesibles para as familias beneficiarias de axudas dos comedores xestionados directamente pola Consellería de Educación e que o comedores escolares dos ceips son xestionados polas ANPAs e as axudas económicas que reciben as familias son concedidas polo Concello de Arteixo.
Como ANPA do Concello de Arteixo solicitamos que desde o Concello de Arteixo se habilite de forma urxente un sistema para proceder ao abono directo das axudas de comedor das que son beneficiarias as familias dos centros educativos de Arteixo, na porcentaxe que lles corresponda, ao estar estos servizos paralizados e non ter que abonarse ese importe ás empresas prestadora do servizo, polo tempo que dure esta situación.
A Directiva



sábado, 29 de febrero de 2020

Solicitude de praza

Ola familias!
Chegou o tempo de solicitar praza se queredes cambiar a vosa filla de centro ou o voso fillo quere facer un bacharelato distinto os que oferta o IES de Sabón. É o momento de facer  papéis.

O prazo vai do 1 o 20 de Marzo.

Aquí tedes o enlace á páxina da Xunta con toda a información:

lunes, 4 de noviembre de 2019

2ª Colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas

Ola familias,
a Federación de ANPAs de Ensino Publico de Arteixo, FEDART, a cal pertence nosa ANPA, imos facer por segundo ano consecutivo unha  colaboración co Banco de Alimentos Rias Altas.

venres 22 e o sábado 23 de Novembro estaremos recollendo as donacións dos clientes do Eroski da Avenida Finisterre, o lado dos centros escolares, en Arteixo. 

Queremos cubrir o horario completo dos dous días polo que precisaremos moitos voluntarios.

As persoas voluntarias: nais, pais, nenas e nenos, profesorado dos centros de ensino de Arteixo que decidan apuntarse. Os menores (poden participar a partir de 8 anos) terán que aportar unha autorización  específica das súas persoas titoras. Todos os menores, de calquera idade ate os 16, deberán estar acompañados necesariamente por persoas adultas durante a quenda de recollida.

Aquí está o enlace a autorización para menores: 


As quendas de recollida agrupanse en períodos de dúas horas e media, salvo a que ocupa o horario de 15 a 17 hs. No caso de que haxa abundancia de solicitudes de participación ou moita participación de menores, reduciríamos a duración de cada quenda.

As persoas interesadas en participar terán que enviarnos un correo electrónico cos nomes dos participantes, especificando se son menores e un teléfono de contacto a:


Aquí vos deixamos o enlace co Banco de Alimentos por se queredes saber como traballan.



!Animádevos a participar¡

jueves, 10 de octubre de 2019

Asemblea de inicio de curso.

Ola familias,
o mércores 23 de Outubro, a partires das 19:30 imos celebrar a nosa primeira reunión deste curso.
Será coma sempre, no salón de usos múltiples do IES. Estades todos convidados.
¡Vémonos na asemblea!