martes, 8 de septiembre de 2020

Folga

 Ola familias:

Os sindicatos de profesores convocan unha folga  para os días 10, inicio en infantil e primaria, e para o 16, día de inicio en secundaria. Inda que teñen todo o noso apoio, en Arteixo o 16 é festivo, polo que non a notaredes.

O inicio do curso será o 17, se nada cambia. Estamos pendentes das publicacións na web, inda que comprendemos que están cunha tarefa imposibel agora mesmo, botamos de menos a comunicación coas familias.

Deixovos o escrito que a nosa confederanción en unión coa Confederación de ANPAs Galegas asinou  en apoio a folga: 


Escrito Conxunto

E mailo cartel: 




Protocolo definitivo do curso

 Ola familias,

deíxovos o enlace ó protocolo que a Consellería de Educación tivo a ben publicar o 31 de agosto. 

Protocolo Inicio de Curso



martes, 11 de agosto de 2020

Recollida de firmas

 Ola familias!

A nosa federación está recollendo firmas e nos apoiamos a sua iniciativa. Enviaronnos este mail: 

Bos días. Puxemos en marcha en Change.Org a iniciativa en contra do Protocolo Xeral, enviado aos Centros, elaborado pola Consellería de Educación

Baixo o Lema: "Consellería de Educación: A saúde é unha cuestión de familia" está tamén na web de CONFAPA-Galicia e das Federación Provinciais. 

Estamos a tentar conseguir sinaturas e necesitamos todo o apoio que sexa posible. Podes ler máis e asinar a petición aquí:


http://chng.it/qFR6TGKXY7


 


Grazas!


lunes, 3 de agosto de 2020

Novas

Ola familias,
de primeiro unha boa nova. 
Este ano as becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (Becas NEAE) do Ministerio de Educación incluen a todo o alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Está publicado no seguinte BOE:


E agora unha nova dunha das nosas ANPAs irmás, a Manuel Murguía do CEIP  de Galán. Este texto está publicado no seu blog. Nel explican todo moi craro,

A A.P.A. MANUEL MURGUÍA non xestionará os servizos de comedor e madrugadores no CEIP GALÁN durante o curso 2020/2021

A A.P.A. MANUEL MURGUÍA, en data 21 de xullo de 2020, celebrou reunión da xunta directiva para debater sobre a xestión dos servizos de conciliación (comedor e madrugadores) por parte da A.P.A. MANUEL MURGUÍA no curso 2020/2021.

Acordouse por unanimidade que a A.P.A. MANUEL MURGUÍA non se encargará da xestión do comedor/madrugadores durante o vindeiro curso 2020/2021. 


A seis semanas da data de inicio do curso escolar 2020/2021 este protocolo está pendente de ser adaptado ao centro educativo por parte da Dirección do centro.

Iso implica que non sabemos a día de hoxe se o espazo destinado a comedor estará dispoñible ou non, nin tampouco cantos usuarios poderían disfrutar do servizo. Nunha previsión inicial a Dirección do centro trasládanos que a capacidade do espazo que se ven destinando a comedor podería estar entre 16 e 21 comensais.

Tendo en conta a media de usuarios do servizo de comedor nos últimos anos, iso supón que se deban contemplar criterios de preferencia para o acceso ao servizo. A A.P.A. non quere desempeñar o papel de decidir que usuarios van ter acceso ao servizo e cales non. Somos unha entidade que ha de prestar servizos para toda a comunidade educativa e non nos compete excluir a ninguén.

Tampouco coñecemos (porque a Dirección do centro non conta con esa planificación a día de hoxe) como se vai garantir a limpeza, a hixiene, os accesos ordenados de entradas/salidas do centro, as quendas de recreo nin outros moitos aspectos aos que fai referencia o Protocolo.

Ademais, por un principio de precaución, neste escenario de pandemia que vivimos, entendemos que non debemos asumir responsabilidades sanitarias, civís ou doutra natureza que se poidan derivar da aplicación do mencionado protocolo.

Por todo iso, o 27/07/2020 rexistramos no CEIP Galán escrito solicitando que se teña por desistida á A.P.A. MANUEL MURGUÍA da solicitude de prórroga de autorización de funcionamento do comedor escolar para o curso 2020/2021. Así mesmo pregamos que, desde a dirección do CEIP GALÁN, se inste de forma urxente á Consellería de Educación a asumir a prestación do servizo de comedor escolar no centro para o curso 2020/2021

A dirección do CEIP GALÁN contactou co Servizo de Recursos Complementarios da Xefatura Territorial en A Coruña da Consellería de Educación e informou en data 28/07/2020 que a Xunta non pode asumir o servizo porque “non ten tempo para contratar” e que a A.P.A. pode “pasar a xestión ao concello”.

Así, iniciamos os contactos co Concello de Arteixo para propoñerlle o traspaso da xestión dos servizos de comedor e madrugadores, alternativa proposta pola Consellería de Educación.
Solicitamos reunión urxente coa Corporación municipal e estamos esperando a súa resposta.
Manterémosvos informados dos avances e decisións que se adopten.

Non somos unha excepción: 


Outra serie de novas relacionadas co tema, aparecidas en diferentes medios e publicacións:








miércoles, 22 de julio de 2020

O próximo curso

Ola familias:
de primeiro quixera que leerades o texto que recolle o protocolo da Consellería de Educación para o curso que ven:



Entendemos que a Consellería quere que os equipos directivos dos centros de ensino público e as ANPAs carguen cunhas tarefas e responsabilidades que lles son alleas por non ser persoal formado en materia de sanidade, que se lava as mans en canto a proveer os centros e as familias de todo o necesario para o desenrolo dunha educación de calidade e deshumaniza ó alumnado.
Polo tanto apoiamos as medidas de protesta previstas e loitaremos por un comezo de curso digno, seguro e factible.

O día 28 haberá unha concentración as 11:30 diante da Consellería en Santiago, á que vos animamos a sumarvos. Se temos movilizacións en A Coruña ou Arteixo tamén o publicaremos.


martes, 16 de junio de 2020

O noso Banco de Libros.

Ola familias.
O próximo Martes 23, o día que os rapaces teñen que ir a recoller as notas e entregar os libros que lles emprestou o IES é o día  que terán que traer tamén os nosos libros.

Como medida de prevención polo COVID-19, en vez de entrar, serán atendidos pola fiestra do local da ANPA, que da a verxa da entrada. Terán que vir con mascarilla e se precisan algún impreso ou un empréstito de verán, procuraremos facelo todo nese intre. 

Tedes os impresos de solicitude de libros para o curso que ven na sección FORMULARIOS deste blog. Se podedes imprimilo e enviárnoslo cuberto en formato PDF o correo eletrónico da ANPA mellor, pero en caso contrario, sempre temos os impresos en papel no taboleiro da ANPA, fronte a conserxería do IES. Encher o formulario e introducilo no buzón sito o lado e en Setembro farase o reparto, coma sempre priorizando os socios.

Lembrade que o noso banco de libros se nutre das doazóns. Se tedes libros de texto na casa que xa non ides a utilizar,  traédenoslos,  poden axudar a outra familia. 

jueves, 7 de mayo de 2020

Proceso de admisión nos centros docentes públicos.

Ola familias,
no DOGA  de onte sae publicada a reapertura do proceso de admisión nos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Deíxovos un resumo:

- Presentación de solicitudes do 11 ata o 18 de Maio telemática na aplicación      "admisionalumnado". Para facelo presencialmente consultar o centro elexido.
- Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo ata o 26 de Maio.
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluidos antes do 9 de Xuño.
- Publicación definitiva de admitidos e excluidos ata o 26 de Xuño.

E o enlace o DOGA: