Ola familias!
Esta ano imos colaborar, como ANPA pertencente á FEDART coa Asociación O Grilo, de Pastoriza, nunha recollida de alimentos. A idea é que os nenos leven algo do que tendes pola casa para encher as caixas. Eles se explican mellor no seu escrito e co seu cartel:
Estamos a piques de rematar este ano 2020, un ano inimaxinable cando o comezamos, no que descubrimos que algo tan pequeno coma un virus, foi capaza de poñer o mundo patas arriba, de cambiar a nosa forma de vida, de arriba a abaxo. Vimos nos informativos números de xente que enfermaba, de outra moita que falecía, números que parecían lonxanos pero que pouco a pouco a pouco foron achegándose, converténdose nos nosos veciños, compañeiras e compañeiros de traballo, da escola, do fútbol, familiares...
Esta pandemia monstrounos que, ademais de á saúde, afecta a tódolos ámbitos da nosa vida; foi capaz de facernos cambiar os nosos hábitos, confinounos durante semanas, impediunos practicar deporte, modificou a forma de relacionarnos entre nós e tamén afectou gravemente á economía e ó traballo.
A día de hoxe, unha gran cantidade de persoas está pasando serias dificultades para poder levar alimentos á casa; os nosos veciños e veciñas, xente que de súpeto perdeu o seu emprego ou o seu negocio, o seu medio de vida... e que podemos ser calquera de nós.
Malia todo, este ano tamén nos ensinou a valorar o que é realmente importante na vida, mostrounos canto nos gusta estar cona nosa xente, canto botamos de menos aos nosos amigos, como apreciamos e botamos en falta a natureza ou o deporte; amosounos que xuntos somos máis fortes, pero sobre todo, que a SOLIDARIEDADE NON É UNHA OPCIÓN, que é necesaria e imprescindible para podermos sair adiante.
Por todo isto, a Asociación O Grilo, a Fedart (Federación Anpas Arteixo) a SCD Pastoriza e as Escolas Deportivas, QUEREMOS PEDIRVOS que amosedes a vosa SOLIDARIEDADE coa xente que máis o precisa, participando na IV RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS que organizamos DO 14 ó 22 de DECEMBRO.
Para facer a donación temos xa concretados os seguintes puntos:
*Escolas Deportivas: campos de fútbol os días de entreno.
*Pastoriza: Super Covirán, Tenda de Ros, Tenda a Roxa, Tenda A Monda, Librería Pili.
*En breve informaremos dos outros lugares onde poder facer a vosa donación.
En cada un destes establecementos, haberá unhas caixas indicadas especificamente para iso.
Ainda que os alimentos máis necesarios neste momento son: conservas vexetais (xudias, garavanzos...), conservas de peixe (atún...), productos para o almorzo (galletas, cacao soluble...), alimentos infantís (potitos), leite... todos os alimentos serán ben recibidos e todos serán doados o BANCO DE ALIMENTOS RIAS ALTAS.
Ademais, se publicades nas redes as imaxes da vosa aportación cos hashtags #pastorizasolidaria #ogrilosolidario #arteixosolidario entrades nos sorteos de moitos regalos.
Ser SOLIDARIO ten PREMIO
Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!!