viernes, 25 de noviembre de 2022
25N
Eleccións o Consello Escolar II
Nestes días, entre o día 23 e 29 de novembro, estase a celebrar nos centros as eleccións ao consello escolar.
A participación das familias na vida escolar é fundamental.
Recordade:
Vótase individualmente: nais, pais e/ou titores legais.
O voto é directo, segredo e non delegable.
Entre as competencias do consello escolar están:
Aprobar o proxecto educativo
Participar no nomeamento da dirección do centro
Impulsar medidas que fomenten o recoñecemento e protección dos dereitos da infancia
Propoñer medidas que favorezan os estilos de vida saudable, a convivencia, a igualdade e a non discriminación
viernes, 11 de noviembre de 2022
Eleccións o Consello Escolar
Ola familias!
Xa estamos en prazo para presentar candidaturas ó Consello Escolar. Temos dende hoxe, día 11 ata o venres 18 para tramitalo todo no IES, como ben di na circular que nos entregaron onte.
Lembrade que cantos máis candidatos se presenten mellor, tanto pais como alumnos.
Como pais é a mellor forma de coñecer o centro onde o voso fillo pasa a metade do día, sabendo como influe na súa vida.
Como alumnos é unha elección madura, responsable e valente aprender a desenvolverse entre adultos e figuras de poder, da que poden sacar un gran proveito a nivel persoal.
Animádevos a participar!
Un saúdo da directiva.
P.D.: Deixovos o enlace ó DOG:
jueves, 10 de noviembre de 2022
domingo, 30 de octubre de 2022
Cambio de Conta Bancaria
Ola familias!
Tal como se decidiu na Asemblea Xeral Ordinaria hemos cambiado de banco ante a subida dos precios da anterior entidade.
Agora o noso banco pasa a ser a CAIXA RURAL GALEGA e o novo número da conta corrente é:
ES6630700044536338009027
Un saúdo da directiva.
Ola familias!
Xa temos unha conta de Instagram.
Aquí e máis na lapela de Contactos tendes o enlace:
Un saúdo da directiva.
lunes, 17 de octubre de 2022
Romaría dos Libros
Animádevos a participar!
Axudas material escolar
Ola familias!
Todas aquelas familias que recibiron o vale de material escolar de 50€ van a recibir o vale adicional de 25€.
Entendemos que poderedes pasar a recollelo cando volo indique o centro.
Non é preciso facer ningún trámite.
Aquí tendes un enlace ó DOG.
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022
Un saúdo da directiva.
martes, 11 de octubre de 2022
Novas no Facebook
Ola familias!
Despois da Asemblea Xeral Ordinaria do mércores pasado, por fin temos na ANPA unha "Encargada de Redes Sociais".
Polo que iredes vendo cambios nas nosas redes.
O primeiro: pasamos a ter unha páxina de facebook, en vez dun perfil
A idea é compartir o máximo posible a información, as novas e todo o que consideremos oportuno.
Un saúdo da Xunta Directiva.
jueves, 29 de septiembre de 2022
Asemblea Xeral Ordinaria
¡Ola familias!
A ANPA San Miguel do IES Pastoriza quere invitarvos a participar na Asemblea Xeral Ordinaria de incio de curso que celebraremos o mércores 5 de outubro no salón de usos múltiples do IES Pastoriza, as 20:00 horas.
Sexades socios ou non, podedes participar, sendo o único límite o aforo da sala.
Un saúdo da directiva.
martes, 6 de septiembre de 2022
Concentración contra os recortes
Ola familias, a nosa confederación chámanos a movilizarnos mañá.
viernes, 2 de septiembre de 2022
Banco de Libros
Ola familias:
Como este curso cambiaron os libros de texto en primeiro e terceiro curso e os de Xeografía e Historia en tódolos cursos da ESO, o noso banco de libros veuse moi reducido, de tal xeito que os libros que nos quedan para o empréstito son:
2ª CURSO
Matemáticas: 7 libros, máis un tomo da 3ª avaliación
Inglés: 11 libros e 3 Workbooks
Lengua e Literatura: 10 libros
Lingua e literatura: 8 libros
Física e Química: 7 libros
Francés: 8 libros, máis 1 caderniño de exercicios
4º CURSO
Matemáticas Aplicadas: 1 libro, máis outro incompreto (1º e 3ª avaliación)
Matemáticas Académicas: 1 libro, máis outro incompreto (só a 2ª avaliación)
Inglés: 5 libros, máis 1 workbook
Lingua e literatura: 5 libros
Francés: 3 libros, máis 1 caderniño de exercicios.
Bioloxía: 1 libro
E de bacharelato non temos ningún.
Lembrade que o noso banco de libros depende das doazons recibidas.
Inicio de Curso
Ola familias!
Por fin empezamos un curso "normal" despois da pandemia.
Este ano coa incorporación do primeiro curso do bacharelato na historia do centro, todo un fito na historia desta ANPA,
Este curso voltamos a solicitar a unificación dos días non lectivos entre os centros do Concello, xa vos contaremos en que remata a cousa.
Estamos desexando vervos na reunión de inicio de curso.
Un saúdo da directiva.
lunes, 20 de junio de 2022
Recollida do Baco de Libros
Ola familias!
A recollida do noso banco de libros vai a ser mañá, martes 21, durante o recreo.
Un saúdo da directiva.
jueves, 7 de abril de 2022
Bacharelato
Ola familias!
O Concello publicou que o curso que ven imos ter por fin o bacharelato no IES.
A falta de comunicacións oficiais que nolo confirmen, estamos moi alegres pola nova e esperamos que pronto sexa unha realidade tanxible.
O que si, os prazos de matriculación que publicou o Concello nas súas redes, foron desmentidos polo IES.
Na última publicación poñen claramente que "O prazo extraordinario para a reserva de praza NON está todavia establecido".
Esperamos poder confirmarvos a implantación do bacharelato canto antes.
Un saúdo da directiva.
lunes, 21 de marzo de 2022
S.O.S. Ucrína II
Ola familias!
O xoves 17 veu un representate da asociación O Grilo a recoller as doazóns.
Desta volta recollimos o dobre que en Nadal.
Gracias a todos pola vosa xenerosidade.
Así quedaron as caixas:
martes, 8 de marzo de 2022
S.O.S. UCRAÍNA
Ola familias.
Hoxe volvemos a solicitar a vosa participación.
Estamos colaborando coa Asociación O Grilo, quen a súa vez, está a recoller para o Banco de Alimentos Rias Altas AXUDA URXENTE para a poboación civil ucraína.
Toda axuda será benvida.
Os productos que máis se necesitan son:
- Productos de alimentación infantil.
- Comida preparada non perecedoira (preferentemente en envase plásticos para evitar peso engadido), para adultos e nenos.
- Productos de hixiene:
Toallitas
Mascarillas
Guantes
Hixiene Feminina
Curas e Medicamentos básicos
Vendaxes, Tiritas, Productos Desinfectantes para Curas, Hidroxel, Soro Fixiolóxico.
A partires do xoves 10 e ata o mércores 16 os rapaces atoparán na entrada do IES unhas caixas onde poderán deixar a vosa aportación.
Moitas gracias, a directiva.